
- Publishing house :
- EDITORIAL GALAXIA
- ISBN:
- 978-84-9151-097-0
- Pages :
- 824
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
A LEDICIA DE LER
CASARES, CARLOS
Availability:
Esta compilación de máis de catrocentos artigos permite reconstruír a memoria lectora da sociedade galega a través dos máis de vinte anos, de 1975 a 1992, en que Carlos Casares quixo compartir cos lectores e lectoras do xornal La Voz de Galicia a ledicia de ler.
Con este título convidou a unha sociedade galega que saía de corenta anos de ditadura a abrir as fiestras á luz da intelixencia. Segundo escribiu o autor de O sol do verán, a súa intención era fomentar a lectura do libro galego e fundar unha crítica literaria sostida e regular. Velaquí unha achega imprecindible non só para completar a obra xornalística do escritor senón tamén para coñecer e comprender en profundidade a súa concepción da literatura.