- Editorial:
- OQO
- Any d'edició:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-9871-733-4
- Pàgines:
- 36
- Enquadernació:
- Cartoné
- Il·lustració:
- KLEVER, ELSA
- Traductor:
- LIVÁN GARCÍA, PACO
- NOLLEGIUDisponible en 1 setmana
- NOLLEGIU CLOTDisponible en 1 setmana
- NOLLEGIU PALAFRUGELLDisponible en 1 setmana
O AVÓ DE ZULAIMAR
MÉNDEZ GUÉDEZ, JUAN CARLOS
Disponibilitat:
Zulaimar non tiña avó.
Pero todas as amigas tiñan un.
O de María era alto como unha palmeira.
O de Lucía, redondo como unha O.
O de Susana, cos ollos escuros coma o café.
Polas tardes ían con eles ao parque.
Tomaban xeados.
Facían debuxos na area.
Zulaimar non logrou que ningunha das súas amigas lle prestase o seu avó. Entón, dando un novo uso aos obxectos que tiña o seu arredor, decidiu construír un. O seu invento non funcionou á primeira mais, ao final, foi quen de facer realidade o seu soño.
Non todas as crianzas poden gozar da presenza dun avó preto co que compartir xogos, apertas, experiencias... Iso é o que lle aconteceu a Zulaimar mais, lonxe de amedrentarse, a pequena desta historia bota man do seu enxeño e transforma a ausencia en terreo fértil de onde xorden
a creación e a dozura.
O escritor Juan Carlos Méndez Guédez mergúllanos nunha emocionante e doce historia que nos fai lembrar a importancia da capacidade creativa que permite xerar ideas novas, experimentar e buscar alternativas ante situacións desfavorables. E ao non ter a marabillosa figura dun
avó comprende que diante da soidade sempre lle quedará a forza da imaxinación e o soño.
A ilustradora alemá Elsa Klever recolle esta idea de carencia apuntada polo autor. Non en van vemos na cuberta unha cadeira baleira; mais, enseguida introdúcenos nunha colorida proposta plástica onde unha chea de personaxes permítennos seguir as peripecias da pequena protagonista,
que nos transmite o seu optimismo: quería que se puidera seguir a historia de Zulaimar e, ao tempo, descubrir novos detalles en cada páxina.